Mostrando entradas con la etiqueta 4PDC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4PDC. Mostrar todas las entradas

II Guerra Mundial

Vídeos sobre a II Guerra Mundial:
- Causas da II Guerra Mundial:
- Mapa dinámico dos escenarios do conflito:


- Exterminio nazi:

- Desembarco de Normandía:

 - Bombas atómicas en Hiroshima e Nagasaki:

Lecturas obrigatorias

Bajo la arena de Egipto, Philip Nessman
Los girasoles ciegos, Alberto Méndez

II República e Guerra Civil

II República

II República e Guerra Civil

Causas da Guerra Civil


A Revolución rusa


O movemento obreiro


1.- Que consecuencias tivo a maquinización?
2.- Que grupos sociais xurden na época industrial?
3.- Cales son as condicións de vida dos traballadores?
4.- Quen é fundador do PSOE?
5.- Cales eran os métodos empregados polos socialistas para difundir as súas ideas?
6.- Cales eran os métodos empregados polos anarquistas para difundir as súas ideas?
7.- En que zona de España foron máis fortes as reivindicacións obreiras?

Crítica de cine

En Bibliomalveiras temos unha selección interesantísima de cine e imos aproveitala para practicar un tipo de texto nada alleo a vós como é a crítica cinematográfica.

Unha crítica cinematográfica é un estudo, análise e valoración dunha película.

Para facela, debedes seguir os seguintes pasos:
- Antes do visionado: Búsqueda de información sobre a película: director, actores, xénero, trama...
- Visionado da película. Con atención e espírito crítico.
- Depois do visionado: Elaboración dun borrador. Corrección e revisión.

Partes da crítica

- Título: breve titular ou encabezamento valorativo.
- Ficha técnica e artística: contén os seguintes datos:
  • Título da película e título orixinal.
  • Xénero: comedia, drama, traxedia, documental, thriller, infantil, ciencia ficción, de terror, histórica, policíaca...
  • Sinalar se se trata dunha adaptación dun libro ou un remake.
  • Duración do film.
  • Ano de creación.
  • País de orixe.
  • Nome do director.
  • Nome dos actores protagonistas.
- Corpo:
  • Sinopse: escribir un pequeno resumo da acción sempre en presente, sen desvelar o final e sen aportar demasiados detalles.
  • Valoración do contido: analizar os personaxes, as tramas narrativas, a mensaxe e os valores que transmite. Por exemplo: valorar se o argumento engancha desde o comezo, se está ben resolto, se resulta verosímil, se o ritmo perde forza, se hai detalles traídos polos pelos...Debe xustificarse todo o que se diga e poñer exemplos.
  • Emocións. Expresar as sensacións e sentimentos que suxire a película: emoción, odio, risa, medo, simpatía, etc...
  • Mencionar os premios ou recoñecementos recibidos, se os houbera.
  • Conclusión: trátase dun veredicto xeral sobre a cinta, onde o crítico establece a súa postura sobre a película.
 Incorporade tamén unha imaxe ao voso traballo.

As películas seleccionadas para realizar esta actividade son:
  • Una botella en el mar de Gaza.
    Orgullo y prejuicio.
  • Sentido y sensibilidad.
  • El señor Ibrahim y las flores del Corán.
  • Eva.
  • La elegancia del erizo.
  • Las mujeres de verdad tienen curvas.
  • Intocable.
 Enviade o arquivo ao correo da profesora o mércores 26 de febreiro ao máis tardar.

Unha vez revisadas, as vosas críticas publicaranse no blog de Bibliomalveiras, onde xa podedes consultar outras críticas de cine. No seguinte enlace poderedes ler outras que vos poden inspirar.

A Revolución industrial

Aquí tedes unha sinxela e simpática presentación da 1ª Revolución industrial:


O imperio de Napoleón e a loita pola liberdade en España

No seguinte vídeo poderedes facervos una rápida idea sobre como foi a construción do imperio napoleónico:

Que aconteceu en España durante a ocupación francesa? Aquí poderedes curiosear:

A Constitución de Cádiz, a primeira constitución española:

Declaración Universal dos Dereitos Humanos

O alumnado de 4PDC está a realizar unha pescuda sobre a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Aí están os equipos, traballando duramente para comentar cada un dos artigos, debullándoos e buscando información sobre a vulneración no mundo de hoxe de todos e cada un deses dereitos inherentes ao ser humano.

A Declaración foi asinada o 10 de decembro de 1948 pola Organización das Nacións Unidas tras o terrible contenda que foi a II Guerra Mundial.

O seguinte vídeo interesarate se queres reflexionar sobre o concepto, as orixes e o modo de desenvolver eficazmente os dereitos humanos:

 
Neste outro podes facer un percorrido por todos e cada un dos dereitos humanos:
 

E se queres afondar algo máis en cada un dos 30 dereitos, podes ver este outro:

Revolución Francesa

Francia antes e despois da Revolución:

 
Documental de History Channel sobre a Revolución Francesa:
 
 
Cuestionario sobre o documental:
  1. En que século ten lugar a Revolución francesa?
  2. Quen eran os reis de Francia cando comeza a Revolución francesa?
  3. Que tipo de voda foi a súa?
  4. Onde residía a familia real francesa?
  5. Que tipo de monarquía era?
  6. De que movemento bebeu a Revolución?
  7. Cales eran os obxectivos deste movemento?
  8. A quen apoiou Francia na guerra da independencia americana?
  9. Como era a sociedad francesa anterior á Revolución?
  10. Quen conformaba o Terceiro Estado?
  11. En que situación se atopaba o pobo antes da Revolución? Cales eran as consecuencias desa situación?
  12. Por que se convocan os Estados Xerais?
  13. Que ocurre o 20 de xuño de 1789?
  14. Que era a Bastilla? Que representaba?
  15. Que sucede o 14 de xullo de 1789? Por que?
  16. Cales son algúns dos logros da Asemblea Nacional?
  17. Quen lideraba o Terceiro Estado? Cal foi a súa evolución?
  18. A que se adicaba Marat? Que foi del?
  19. Que grupo era radical: os xirondinos ou os xacobinos?
  20. En 1791 a familia real toma unha decisión, cal é?
  21. En 1792, Francia declara a guerra a Austria. Quen se unirá a Austria?
  22. Tras o derrocamento da monarquía, que tipo de estado será agora Francia?
  23. Que pasará coa familia real?
  24. Quen eran os sansculottes?
  25. Por que se caracteriza a época do Terror?
  26. Cales son algunhas das consecuencias da descristianización?
  27. Que quere Danton? Cal será a consecuencia?
  28. Quen é considerado por algúns o Deus Supremo?
  29. Por que é detido Robespierre? Que lle pasará?
  30. Quen subirá ao poder cinco anos despois?
  31. Que destruiu a Revolución francesa?
  32. Cales son os tres conceptos clave da Revolución francesa?
  33. Cal é a crítica que lle fai a Historia á Revolución?
  34. Que idade inaugura a Revolución francesa?


Independenza dos Estados Unidos

Declaración de Independenza dos EEUU

 
Independenza dos EEUU e Revolución Francesa:
 


O Antigo Réxime e as bases do cambio

Características do Antigo Réxime:
 

 
O século XVIII, Século das Luces:
 
 
 
 
1.- Cales son os valores básicos da Ilustración?
2.- Que significado ten o símbolo da luz para a Ilustración?
3.- Os homes da Ilustración crían nas supersticións? Por que?
4.- En que feito histórico culminaría o desenvolvemento da técnica?
5.- En que países tivo especial relevancia a Ilustración?
6.- Que feitos fixeron que a Ilustración non se desenvolvera ampliamente en España?
7.- Que se entende por despotismo ilustrado?