Os océanos
Observa nun mapa do mundo a distribución dos océanos. Segundo te pareza, ordénaos de maior a menor extensión. Logo investiga en Internet a superficie que ocupa cada un deles e reordénaos se tiveches algún fallo.
Os mares
Observa nun mapa físico de Europa os mares. Sinala con exemplos que tipo de mares podes ver.
Os ríos
Observa nun mapa físico de Europa os ríos. Elabora unha listaxe cos que consideras os catro ríos máis longos. Introduce nun buscador de Internet: ríos máis longos de Europa. Compara os resultados coa túa listaxe previa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario