O relevo

O relevo terrestre é o conxunto de accidentes xeográficos que conforman a superficie da Terra.

O relevo terrestre ten a súa orixe nas forzas procedentes do interior da Terra. Ademais existen unha serie de axentes externos que modifican igualmente o relevo mediante a erosión, o transporte de materiais e a sedimentación destes. Son os seguintes: o vento, a auga e a acción dos seres vivos.

As principais formacións do relevo costeiro son: as penínsulas, as illas, os golfos, os cabos, as rías e os fiordos. En canto ao relevo continental: as chairas, as mesetas, os altiplanos, os vales e as montañas.



Nestes enlaces poderás atopar máis información sobre o relevo da Terra:
- Presentación: o relevo.
- Vídeo: tectónica de placas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario