Asia

Asia é o continente máis extenso e poboado da Terra. Asia e Europa aparecen como dous continentes diferentes por razóns culturais e históricas, mais en termos xeográficos forman en realidade un único continente chamado Eurasia.

Asia limita ao norde co océano Glacial Ártico; ao sur, co océano Índico; ao Leste co océano Pacífico e ao Oeste, cos Montes Urais.

En Asia pódense distinguir as seguintes zonas:
  • Oriente Próximo e Oriente Medio. A excepción de Israel, son países de civilización musulmá.
  • Asia do Sur. A civilización predominante é a hindú.
  • Asia Central. Esta rexión está composta, en boa parte, por antigas repúblicas soviéticas.
  • Leste asiático. Comprende dous dos xigantes económicos mundiais: Xapón e China.
  • Sueste asiático. Esta área está formada por países de pequeno tamaño, como Vietnam ou Singapur.


    Tras ver o vídeo, contesta a estas cuestións:

    1. Que se entende por "sobrepoboación"?
    2. Que se entende por "densidade xeográfica"?
    3. Asia ten importantes xacementos. Pon algún exemplo.
    4. Cal é o pico máis importante do Himalaia? Explica algunha curiosidade sobre el.
    5. Que importancia ten o río Ganges?
    6. Cal é unha das principais características do Mar Morto.
    7. Que quere dicir que unha especie é endémica?
    8. Que zonas asiáticas teñen clima polar?

     Traballamos con mapas:
    - Asia política
    - Asia política e física.

No hay comentarios:

Publicar un comentario