Os principais textos expositivos de tipo xornalístico son: a noticia, a entrevista, a crónica e a reportaxe.
A noticia é un texto breve que recolle, de maneira obxectiva, un feito de actualidade.
Toda noticia ha de respostar a estas cuestións: QUE? QUEN? ONDE? CANDO? COMO? POR QUE? PARA QUE?
As partes da noticia son:
- ANTETÍTULO
- TITULAR
- SUBTÍTULO
- ENTRADA
- CORPO
A linguaxe da noticia caracterízase pola súa concisión e claridade. Ha de ser tamén unha linguaxe respectuosa, pois vai dirixida a un público amplo e diverso.
4ºPDC: Comezamos!
1.- Pon un titular ás seguintes noticias. Lembra que o titular ten que informar, pero tamén resultar chamativo.
A) O mozo veciño de Mos (Pontevedra), que permanecía ingresado en Vigo desde o luns, e o home da Coruña, que levaba no hospital desde o xoves, recibiron a alta médica despois de que os resultados desen negativo á gripe AH1N1, mentres que a moza de Ourense seguirá no hospital ata que se coñezan os resultados definitivos das súas probas.
Segundo confirmou onte a propia Consellería de Sanidade, no caso do paciente ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), foi dado de alta tras dar negativa a análise relativa á gripe A polo sistema PCR no laboratorio de referencia de Galicia.
Ademais, foi dado de alta, tras ser descartado como caso en investigación, o paciente ingresado o xoves á noite no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña logo de confirmarse que "non posúe afección vinculada con síntomas gripais AH1N1", aínda que fose necesario o seu ingreso, xa que cumpría co protocolo para o seu illamento.
Namentres, a paciente ingresada no Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU) deberá continuar ingresada á espera de confirmación das análises por parte do Centro Nacional de Microbioloxía de Madrid, tendo en conta que as probas realizadas polo sistema PCR no laboratorio de referencia de Galicia "non descartan que poida estar afectada polo virus AH1N1". Sanidade, recalcou que o seu estado de saúde "é bo". Asemade, a consellería explicou que, coas actualizacións de protocolos realizadas na reunión das comunidades no Consello Interterritorial o venres en Madrid, o laboratorio de referencia de Galicia poderá descartar aqueles casos sospeitosos que non necesiten unha segunda análise no Centro Nacional de Microbioloxía. "Esta medida redunda na axilidade de resposta ante as eventualidades que poida presentar a evolución desta alerta", sinalou Sanidade.
A conselleira Pilar Farjas agradeceu "de xeito significativo" a "estreita" colaboración e o esforzo de todos os profesionais do sistema sanitario galego, así como do equipo técnico que traballa todos os días da semana no laboratorio de referencia de Galicia, e ó equipo de Saúde Pública, que actúa como coordinador das actuacións. (...)

B) O primeiro hospital integral galego de mascotas abrirá no parque empresarial de Pereiro de Aguiar en maio con salas de consulta para cans ou gatos, quirófanos e outras instalacións, e prevé que os propietarios que o desexen poidan permanecer en cuartos do centro xunto á súa mascota. Un dos socios e veterinario, Héctor Gómez Asenjo, explicou que un equipo de trinta especialistas e administrativos ofrece eses servizos veterinarios desde hai unha ducia de anos en Ourense para cans, gatos, paxaros e animais exóticos, pero observou que as instalacións "quedaron pequenas".
A decisión de ampliar o centro hospitalario para animais domésticos levouse a cabo tras visitar as experiencia doutros centros de España. (...)
A decisión de ampliar o centro hospitalario para animais domésticos levouse a cabo tras visitar as experiencia doutros centros de España. (...)
O hospital pretende ademais ser un lugar de formación para alumnos da Facultade de veterinaria de Lugo, un laboratorio de referencia para a provincia. Os especialistas do centro e os veterinarios en período de prácticas disporán nesas instalacións de cuartos propios, unha biblioteca, comedor, cociña e ata un espazo de gardería para os seus fillos, segundo Gómez Asenjo.
Os seus promotores aspiran a darlles ós donos consellos para a alimentación e educación, demostracións farmacéuticas e congresos. O hospital tamén ofrecerá unha sala habilitada para necropsias para facilitar a despedida daquelas mascotas en fase terminal, e ata se expón a posibilidade de habilitar un cemiterio para mascotas. (...)

C) O representante especial da ONU para o proceso de paz en Oriente Próximo, Robert Serry, advertiu onte de que "a situación en Gaza é realmente alarmante" logo de visitar a zona costeira controlada por Hamás e constatar as dificultades que atravesan os seus 1,5 millóns de habitantes.
Serry lamentou que non existen progresos reais en Gaza desde que concluiu a ofensiva militar israelí, finalizada o pasado xaneiro. Durante a súa viaxe onte a Gaza, o representante da ONU foi informado das dificultades polas que atravesan familias, negocios e grupos civís, segundo un comunicado de Nacións Unidas. "A situación é realmente alarmante, xa que satisfacer as necesidades humanitarias e comezar a reconstrución é imposible sen a entrada de combustible, diñeiro e materiais necesarios para reparar as casas, escolas ou clínicas danadas ou destruídas", lamentou. Neste sentido, Serry incidiu en que mellorar o acceso é "crucial".
Así mesmo, Serry reclamou avances políticos, porque ó seu xuízo o risco de novos enfrontamentos violentos segue latente ata que non se resolvan asuntos como a reconciliación entre palestinos, a apertura dos pasos fronteirizos con Israel, a seguridade nas fronteiras ou o intercambio de prisioneiros. Por outra banda dous foguetes Qassam disparados por supostos milicianos palestinos desde a Franxa de Gaza caeron onte no sur de Israel.

2.- Selecciona unha noticia en Google noticias e identifica as súas partes.
3.- Redacta unha noticia dun tema local. Lembra que tes que dar resposta ás preguntas básicas e recoller todas as partes da súa estructura.
Texto A:
ResponderEliminar(Mónica) Dúas persoas dadas de alta por no ter a gripe.
(Raquel) Xa esta dado de alta o veciño de mos.
Texto B:
(Raquel) O primeiro hospital de animais en Galicia.
(Mónica) O primeiro hospital de mascotas en toda Galicia.
Texto C:
(Raquel)Gaza non sae do seu afundimento
(Mónica)
Texto C:
ResponderEliminar(Mónica) A guerra segue entre Gaza e Israel.
texto.A
ResponderEliminar(sergio) pacientes dados de alta tras a gripe porcina.
(jorge)dos pacientes galegos salvanse da gripe porcina
texto.B
(sergio)un novo hospital para animais
(jorge)hospital para animais abre a suas portas
texto.C
(sergio)gaza segue sufrindo.
(jorge)territorio de gaza non se recupera.
(Mónica)
ResponderEliminarAntetitulo:
Concursos
Titular:
De comisario a presentador
Subtitulo:
Antonio Garrido, uno de los intérpretes de 'La chica de ayer', pilotará el renovado '¿Quién quiere ser millonario?'
Entrada:
Es el hombre de moda.(...)Televisión Española.
Corpo:
A Antena 3,(...)destacan dos Emmys.
(Raquel)
ResponderEliminarAntetitulo:
Alerta sanitaria
Titular:
China y México intercambian ciudadanos en cuarentena por la gripe porcina
Subtitulo:
Pekín y México D.F. enviaron aviones para repatriar a los pasajeros que quedaron varados después de la suspensión de los vuelos entre ambos países
Entrada:
Un Boeing 777 de Aeroméxico(...)productores porcinos españoles).
Corpo:
El jueves pasado (...)entre las mesas.
(Adrián)
ResponderEliminarTexto A: Dous pacientes xa recuperados da gripe en Galicia.
Texto B: Galicia está cos animais.
Texto C: A situación en Gaza é alarmante.
Grado y valles del TrubiaFases del cortejo(ante titulo)
ResponderEliminar«Furaco» y «Tola» le cogen el gusto(titulo)
l El apareamiento entre los osos, que ayer se repitió por segunda vez, abre un largo proceso l La gestación comenzaría en invierno y el osezno nacería durante la hibernación(subtitulo)
El proceso de reproducción de los osos que habitan en el cercado de los valles del Trubia va por buen camino. El domingo «Furaco» y «Tola» consumaron su noviazgo con lo que fue su primera monta. Ayer, después de una mañana con varios intentos fallidos, los animales volvieron a copular. Es, sin duda alguna, el inicio de un largo proceso: el de la continuidad de «Paca» y «Tola» y de su raza.(cuerpo)
VISITA A CORTEGADA
ResponderEliminarOs alumnos de Carril cruzan á illa.
Os alumnos da E.S.O. do instituto de Carril(I.E.S. Miguel Ángel González Estévez)foron visitar a Illa de Cortegada, en grupos reducidos, dende o luns 4 ata o mércores 6. Outro grupo irá en dúas semanas.
Para ir a Cortegada foron nunha lancha contratada polo concello. Os alumnos quedaron alí dúas horas, nas que percorreron a illa e escoitaron a explicación da guía. Esta visita foi o complemento dunha clase teórica que traballadoras do Parque Nacional das Illas Atlánticas deron no instituto hai dúas semanas.
AS REFORMAS NO CIRCUITO DE MEIS
ResponderEliminarUnhas reformas necesarias
No circuito de Meis lévanse facendo dende hai unhas semanas unhas reformas, que faran que o circuito sexa moito máis espectacular.
Os saltos, ao ser de terra, estaban moi danados polas chuvias e todos os temporais que houbo, xa que este circuito ten os seus anos.
Espérase que estas reformas duren só tres semanas o cal significa que durante este tempo o circuito non se poderá usar.
Todas estas reformas estanse a levar a cabo por un grupo de persoas que pensaban que o lugar necesitaba un arreglo e decidiron invitar á xente para que axudara no seu amaño. Para iso utilizaron uns anuncios, que publicaron nunha páxina de internet.
Antes de facer os saltos este grupo de persoas preguntou ao resto da xente que tipo de circuito quería, para que todo o mundo poidera opinar e deste modo ser do agrado de todos.
UN PARTIDO REÑIDO
ResponderEliminarVILANOVA--VILAGARCÍA
O sábado 2 de Maio no campo do Terrón (Vilanova) organizouse un partido de fútbol. Xogaba o Vilanova contra o Vilagarcía. Ía ser un partido reñido, porque facía moita calor e o sol pegaba de cheo no campo. Os xogadores saíron ao campo ás 4:30 e empezaron a quentar. No medio do quentamento acenderon os aspersores e mollaron a todos os xogadores.
Ao comezo do partido empezou dominando o Vilagarcía, pero a medida que ían pasando os minutos, o Vilanova ía tocando mellor o balón e o Vilagarcía foi recuando. O medio do campo do Vilagarcia estaba perdido e non eran capaces de tocar o balón. O Vilagarcía perdeu a pelota inesperadamente e o Vilanova saiu á contra rápido e meteu o primeiro gol.
Ao comezo da segunda parte, o Vilagarcía cambiou o equipo case por completo. O medio do campo víase máis vivo e tocaban mellor o balón. Tiña ao Vilanova na palma da man. Un centro dende un lateral do campo foi decisivo e Joel non o perdoou. Ían 1-1 e o Vilanova quería ir polo partido.
O Vilanova desempatou con un gol de Nico, que esquivou moi ben aos defensas, chutou dende fóra da área e o porteiro tragouna. O Vilagarcía non perdeu a esperanza, pero descoidou a defensa e nunha xogada de contra, o Vilanova aproveitou o despiste e marcou o definitivo 3-1.
(Adrián Jamardo)
MÁIS PROBLEMAS NAS OBRAS DO AVE
ResponderEliminarNovas críticas polas obras no monte
Tras meses de obras do AVE e a autovía, non se deixan de recibir críticas dos veciños dos pobos afectados. As primeiras críticas fóron polo ruido, polvo, roturas de estradas, todo causado tan so polos camións. Agora aparecen unha nova crítica, tras o aviso de que moitos pozos poidan quedar sen auga, a causa das obras que están a facer no monte. Estas están a causar a rotura das vetas e isto impide o paso da auga.
(Sergio Fernández)