NON Á EXPLOTACIÓN INFANTIL (Raquel Ríos Barreiro)
"Normalmente con nove anos estás no colexio e con trinta traballando. Pero iso só é normalmente. Hai nenos que con nove anos non estudan senon que traballan e en traballos moi duros. Quero falar do escuro tema dos nenos soldados. Vouvos contar as penurias e calvarios que pasan estes nenos no máis tenro da súa infancia.Todos e cada un de nós temos dereito á infancia, a un fogar, a que nos queiran. Temos dereito a ir ao colexio, a xogar, a ir ao médico se enfermamos e a que se caemos, nos axuden a erguernos.
Os nenos soldado non teñen dereito a nada do que dixen anteriormente. As nosas leis amparan aos nenos. As súas leis son: "Mata ou matarante, rouba ou matarante, non te opoás a unha violación ou matarante, non te defendas ou matarante". Todo isto non é bo para ninguén e menos para un neno de entre nove e quince anos.
O peor de todo isto non só é o que sofren durante o cautiveiro senon as secuelas que lles quedan. Os traumas, as feridas externas e internas. E as peores consecuencias son para as nenas ás que violan, que en ocasións quedan embarazadas. Non só hai que afrontar que é unha nena de ao mellor trece anos, senon sobre todo que estará embarazada de alguén que lle fixo dano.
Porque todos temos dereito a unha infancia, hai que poñer fin ao reclutamento de nenos soldado".
NON Á EXPLOTACIÓN INFANTIL (Sergio Fernández Gómez)
"Eu ataco a explotación infantil porque un neno non pode pasar por unha situación como esa, dado que é unha etapa onde os nenos teñen que xogar, onde deben sentir cariño, sentirse protexidos por unha persoa maior, pero non por un arma.
Teñen que alimentarse e descansar, porque están nunha idade onde están crecendo. Tamén deberían ter unha educación.
Se en vez de facer iso, están facendo obrigatoriamente de soldados, o que están a facer é cortarlles a infancia e convertelos en persoas adultas.
Estes nenos teñen que ver cousas que nin moitos adultos soportarían, porque chegan a ser cousas moi crueis. Ademais, con esta idade os nenos son como esponxas, recollen todo o que ven, iso provócalles un trauma tremendo para toda a súa vida, ainda que vaian a terapia, dado que son unhas imaxes dun salvaxismo moi grande, como é, por exemplo, enfrontarse a un irmán e ter que matalo para salvar a túa vida.
As consecuencias son moitas: malos tratos, violacións, drogas, medo, pesadelos e a morte, porque non hai que olvidar que un neno soldado está nunha guerra.
O que non pode ser é que nos tempos nos que estamos siga pasando isto. Hai que pensar que son uns nenos e que teñen todo o dereito a vivir a súa infancia."
Aquí tes recollidos os Dereitos do neno. Cantos deles son vulnerados pola explotación infantil?
1.- Dereito á educación.
2.- Dereito a unha familia.
3.- Dereito a atención de saúde preferente.
4.- Dereito a non ser obrigados a traballar.
5.- Dereito a ser escoitado.
6.- Dereito a ter un nome.
7.- Dereito a unha alimentación cada día.
8.- Dereito de asociación e dereito a integrarse, a formar parte activa da sociedade na que viven.
9.- Dereito a non ser discriminado.
10.- Dereito a non ser maltratado.
11.- Dereito a xogar.
12.- Dereito a unha nacionalidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario