Educación e tecnoloxía

A competencia dixital (CD) é unha das oito competencias básicas da ESO. Segundo Jordi Adell, responde á idea de que a escola debe formar para aprender ao longo de toda a vida (Long Life Learning).

A CD ten un primeiro compeñente que é a competencia informacional, o conxunto de coñecementos, habilidades e destrezas necesarios para saber traballar con información (buscar, xestionar, organizar, avaliar, crear nova información e difundila). Antes eramos espectadores críticos e agora somos autores de cine.

O segundo compoñente da CD é a competencia tecnolóxica, é dicir, a competencia no manexo das ferramentas tecnolóxicas (ordenadores, cámaras de vídeo e fotos, libros electrónicos, GPS, teléfonos móbiles...).

Un terceiro compoñente serían as alfabetizacións múltiples. A nosa sociedade non é só a sociedade do texto impreso senón que tamén é unha sociedade audiovisual, mais paradoxicamente, a escola non adoita formar espectadores críticos nin formar en linguaxes diferentes da oral ou libresca.

Un cuarto compoñente sería a competencia cognitiva xenérica, que busca a conversión da información en coñecemento.

O quinto compoñente da CD é o máis controvertido, trátase da cidadanía dixital, isto é, a preparación para vivir nun mundo no que a realidade e o mundo virtual se confunden. Un exemplo claro disto sería o mobbing tecnolóxico: non existe mobbing tecnolóxico, existe mobbing e emprégase tecnoloxía; a tecnoloxía non promove o mobbing, simplemente faino máis visible e faino un problema social compartido. A cidadanía dixital, polo tanto, sería a educación cidadá necesaria para vivir no mundo real e para comportarse cívicamente no mundo virtual (ser bos cidadás dixitais). Os adolescentes adoitan non recibir ningunha educación sobre o modo axeitado de comportarse neses lugares virtuales, sendo necesario informalos de situacións cotiás como, por exemplo, do feito de que colgar algo na Internet significa colgalo para sempre.

Arredor deste mapa de competencias, Jordi Adell sitúa as estratexias de adquisición das mesmas, facendo fincapé en que non poden ser adquiridas memorizando preguntas preestablecidas. A escola ha de formar o bo xuízo do alumnado para que poidan respostar por eles mesmos as preguntas que irán xurdindo co tempo.

Así mesmo, a competencia dixital non pode ser adquirida unicamente na escola. Familia e escola han ir da man. Desgraciadamente, os proxenitores non dispoñen habitualmente da capacidade para poder facelo -xerga e actitude- e por esta banda, suponlles un enorme esforzo, unido ao rexeitamento que os adolescentes adoitan ter a que aqueles se entremetan nas súas cousas.

(Adaptación da entrevista realizada a Jordi Adell por Josi Sierra para o proxecto CC-conocity)

Estas ideas están reflectidas no seguinte esquema:

No hay comentarios:

Publicar un comentario