Unha crítica cinematográfica é un estudo, análise e valoración dunha película.
Para facela, debedes seguir os seguintes pasos:
- Antes do visionado: Búsqueda de información sobre a película: director, actores, xénero, trama...
- Visionado da película. Con atención e espírito crítico.
- Depois do visionado: Elaboración dun borrador. Corrección e revisión.
Partes da crítica
- Título: breve titular ou encabezamento valorativo.
- Ficha técnica e artística: contén os seguintes datos:
- Título da película e título orixinal.
- Xénero: comedia, drama, traxedia, documental, thriller, infantil, ciencia ficción, de terror, histórica, policíaca...
- Sinalar se se trata dunha adaptación dun libro ou un remake.
- Duración do film.
- Ano de creación.
- País de orixe.
- Nome do director.
- Nome dos actores protagonistas.
- Sinopse: escribir un pequeno resumo da acción sempre en presente, sen desvelar o final e sen aportar demasiados detalles.
- Valoración do contido: analizar os personaxes, as tramas narrativas, a mensaxe e os valores que transmite. Por exemplo: valorar se o argumento engancha desde o comezo, se está ben resolto, se resulta verosímil, se o ritmo perde forza, se hai detalles traídos polos pelos...Debe xustificarse todo o que se diga e poñer exemplos.
- Emocións. Expresar as sensacións e sentimentos que suxire a película: emoción, odio, risa, medo, simpatía, etc...
- Mencionar os premios ou recoñecementos recibidos, se os houbera.
- Conclusión: trátase dun veredicto xeral sobre a cinta, onde o crítico establece a súa postura sobre a película.
As películas seleccionadas para realizar esta actividade son:
- Una botella en el mar de Gaza.
Orgullo y prejuicio. - Sentido y sensibilidad.
- El señor Ibrahim y las flores del Corán.
- Eva.
- La elegancia del erizo.
- Las mujeres de verdad tienen curvas.
- Intocable.
Unha vez revisadas, as vosas críticas publicaranse no blog de Bibliomalveiras, onde xa podedes consultar outras críticas de cine. No seguinte enlace poderedes ler outras que vos poden inspirar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario