Revolución Francesa

Francia antes e despois da Revolución:

 
Documental de History Channel sobre a Revolución Francesa:
 
 
Cuestionario sobre o documental:
  1. En que século ten lugar a Revolución francesa?
  2. Quen eran os reis de Francia cando comeza a Revolución francesa?
  3. Que tipo de voda foi a súa?
  4. Onde residía a familia real francesa?
  5. Que tipo de monarquía era?
  6. De que movemento bebeu a Revolución?
  7. Cales eran os obxectivos deste movemento?
  8. A quen apoiou Francia na guerra da independencia americana?
  9. Como era a sociedad francesa anterior á Revolución?
  10. Quen conformaba o Terceiro Estado?
  11. En que situación se atopaba o pobo antes da Revolución? Cales eran as consecuencias desa situación?
  12. Por que se convocan os Estados Xerais?
  13. Que ocurre o 20 de xuño de 1789?
  14. Que era a Bastilla? Que representaba?
  15. Que sucede o 14 de xullo de 1789? Por que?
  16. Cales son algúns dos logros da Asemblea Nacional?
  17. Quen lideraba o Terceiro Estado? Cal foi a súa evolución?
  18. A que se adicaba Marat? Que foi del?
  19. Que grupo era radical: os xirondinos ou os xacobinos?
  20. En 1791 a familia real toma unha decisión, cal é?
  21. En 1792, Francia declara a guerra a Austria. Quen se unirá a Austria?
  22. Tras o derrocamento da monarquía, que tipo de estado será agora Francia?
  23. Que pasará coa familia real?
  24. Quen eran os sansculottes?
  25. Por que se caracteriza a época do Terror?
  26. Cales son algunhas das consecuencias da descristianización?
  27. Que quere Danton? Cal será a consecuencia?
  28. Quen é considerado por algúns o Deus Supremo?
  29. Por que é detido Robespierre? Que lle pasará?
  30. Quen subirá ao poder cinco anos despois?
  31. Que destruiu a Revolución francesa?
  32. Cales son os tres conceptos clave da Revolución francesa?
  33. Cal é a crítica que lle fai a Historia á Revolución?
  34. Que idade inaugura a Revolución francesa?


No hay comentarios:

Publicar un comentario