A Unión Europea II

Aquí vos deixo as respostas ás preguntas formuladas na entrada sobre a Unión Europea:

1.- Como se fraguou o proxecto da Unión Europea? Atopa cales foron as fases polas que pasou a organización ata chegar ao que é agora, así como os tratados asinados.
Fases e tratados:
-Tratado da CECA, que institúe a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (1951).
-Tratado de Roma, que institúe a CEE, Comunidade Económica Europea (1957).
-Tratado da Euratom, que institúe a Comunidade Europea da Enerxía Atómica (1957).
-Tratado de Maastricht, que institúe a Unión Europea (1992)

2.- Cales son os principais organismos e institucións da UE? Describe brevemente as súas funcións.
Os principais organismos e institucións da UE son os seguintes:
-Parlamento Europeo: as súas funcións son debater e aprobar a lexislación da UE e seu presuposto, así como controlar o resto das institucións.
-Consello Europeo: a súa función é fixar as políticas xerais da UE.
-Consello da UE: as súas funcións son coordinar as políticas económicas dos países da UE, firmar acordos entre a UE e os países e desenvolver políticas exteriores e de defensa entre outras.
-Comisión Europea: unha das súas funcións principais é representar á UE na escea internacional.
-Tribunal de Xustiza: as súas funcións son garantir que o Dereito da UE se aplique da mesma forma en todos os países membros e resolver conflictos legais entre os gobernos e institucións da UE.
-Tribunal de contas: a súa función é mellorar a xestión financieira da UE e informar sobre o uso dado aos fondos públicos.

3.- Cando se implantou a moeda única? Que países da UE non teñen o euro como moeda? Que moedas había antes nos países que si o adoptaron?
O euro implantouse en 1999 aparecendo fisicamente en 2002.
Actualmente o euro é a moeda oficial de 17 países da UE. Os países que non teñen o euro como moeda oficial son: Bulgaria, Dinamarca, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Reino Unido, República Checa, Romanía e Suecia.
Antes do euro, circulaban as seguintes moedas nos países que adoptaron esta moeda: chelín austriaco (Austria), franco belga (Bélxica), florín holandés (Países Baixos), marco finés (Finlandia), franco francés (Francia), marco alemán (Alemaña), libra irlandesa (Irlanda), lira italiana (Italia), franco luxemburgués (Luxemburgo), escudo portugués (Portugal), peseta (España), dracma (Grecia), tólar (Eslovenia), libra chipriota (Chipre), lira maltesa (Malta), corona eslovaca (Eslovaquia), corona estonia (Estonia).

4.- Cantos países forman parte actualmente da UE? Escolle un... (resposta libre).
Actualmente a UE está formada por 27 países.

5.- Que países están actualmente en vías de adhesión á UE? De que depende a súa entrada?
Actualmente, Croacia está en vías de adhesión á UE. Ademais, son países candidatos: Macedonia, Islandia, Montenegro, Serbia e Turquía.
Un país que aspire a ser membro da UE ha de reunir unha serie de condicións, como ter unha economía de mercado, unha democracia estable, ser un Estado de Dereito e aceptar toda a lexislación da UE, incluída a relativa ao euro.

6.- Que se entende por libre circulación? Cales son as condicións necesarias? Cales son as vantaxes con respecto a hai unhas décadas?
A libre circulación de persoas é un dereito que se expresa a través do espazo de liberdade, seguridade e xustiza exento de fronteiras internas. Para disfrutar deste dereito é preciso ser cidadán da UE.
Segundo vemos no vídeo, as vantaxes da libre circulación con respecto a hai unhas décadas son, por exemplo, que un cidadán da UE ten dereito a traballar noutro país da UE sen permiso de traballo; a residir noutro estado membro; a viaxar pola UE sen visado ou a que os seus títulos académicos sexan recoñecidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario