Os Séculos Escuros

Desde o século XV ata o século XVIII deixou de haber unha práctica literaria significativa en galego. Esta dilatada etapa de silencio é a que os historiadores coñecen como Séculos Escuros.

Neste vídeo poderás obter máis información (sobre todo a partir do minuto 9.35):
http://www.youtube.com/watch?v=2NkbLgvRftk


Despois de velo, contesta estas cuestións:

1.- Busca no dicionario o significado dos seguintes termos: carqueixa, devanceiros, fidalgos, elites, burócrata, etimoloxía.
2.- Cales son as causas do silencio do galego durante estes séculos?
3.- Como era o ensino no século XVIII? Que opinaba Frei Martín Sarmiento sobre isto?
4.- Por que non se usa hoxe en día o termo "garela"? Por que lle interesan estes termos desaparecidos aos lingüístas?

Le as páxinas 186-187 do libro de texto e responde:

1.- Que se entende por Séculos Escuros?
2.- Cales foron as causas?
3.- Segue a empregarse o galego? Como?
4.- Que outros factores influíron no desleixo do galego? Como?
5.- Cales foron as figuras máis destacadas da Ilustración?
6.- Que eran as Festas Minervais?
7.- Cal foi a primeira obra dramática escrita en galego?
8.- Dende cando existen as catro provincias galegas? Que movemento estaba en contra e que pedía?
9.- Cando comezan a publicarse textos en galego?
10.- Que feito pon fin ao Prerrexurdimento?
11.- Que eran os Xogos Florais?

No hay comentarios:

Publicar un comentario