Sadako Sasaki foi unha moza que vivía en Xapón. O 6 de agosto de 1945, cando Sadako tiña tan só dous anos, estalaron dúas bombas atómicas sobre a poboación civil. Nove anos despois, un día, mentres corría, empezou a sentirse mal e caeu ao chan. Posteriormente foi diagnosticada coa leucemia, coñecida como «enfermidade da bomba A».
A súa mellor amiga, Chizuko Hamamoto, lembroulle unha vella tradición sobre alguén que realizou mil grullas en forma de figuras de papel (origami) e grazas a iso os deuses concedéronlle un desexo. Coas súas propias mans, Chizuko regaloulle a primeira grulla que realizou en papel dourado e díxolle: «Aquí tes a túa primeira grulla». Sadako tiña a esperanza de que os deuses lle concedesen o desexo de volver correr de novo. Ao pouco tempo de empezar a súa tarefa coñeceu a un neno que quedaba moi pouco tempo de vida pola mesma causa, a leucemia, animoulle a que fixese o mesmo que ela coas grullas pero o neno respondeu: «Sei que morrerei esta noite».
Sadako pensou que non sería xusto pedir a curación só para ela, e pediu que o esforzo que ía facer servise para traer a paz e a curación a todas as vítimas do mundo.
Co papel dos botes medicinais e outros que ía atopando chegou a completar 644 grullas de papel. O avance da enfermidade impediu que acabase de realizar a tarefa, morrendo o 25 de outubro de 1955 (aos 12 anos de idade) tras 14 meses de ingreso no hospital. Os seus compañeiros de escola, despois do seu falecemento, chegaron a completar as mill grullas.
Os compañeiros de escola e amizades pensaron dedicarlle un monumento onde se representaría a Sadako sostendo unha grulla dourada na súa man, tamén dedicada a todos os nenos que morreron por mor das dúas bombas atómicas.
E por fin, no Parque da Paz de Hiroshima foi construída a estatua dedicada a Sadako en 1958, na base está escrito «Este é o noso berro, esta é a nosa pregaria: paz no mundo». A historia foi tan impactante que transcendeu os límites de Xapón, converténdose nun referente mundial dos movementos pacifistas.
Como facer unha grulla de papel:
No hay comentarios:
Publicar un comentario