
Na linguaxe militar, a vangarda é a primeira liña da fronte. En sentido figurado, a vangarda é esa posición de ruptura que manifestan certos homes e mulleres ou representan certas ideas.
A chamada vangarda histórica desenvolveuse en Europa entre 1910 e 1930, son os chamados ismos.
[A vangarda. Vídeo de Pilar Ponte] http://www.youtube.com/watch?v=crxKP-3-Sps
A poesía galega modernizouse pola influencia destes movementos e nomes como o de Manuel Antonio, sobresaíron dunha maneira perenne na historia da nosa literatura.
Nestes enlaces podes escoitar unhas versións musicadas de dous fermosos poemas de Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro. O blog está feito pola xente do I.E.S. David Buján (Cambre, A Coruña).
[SÓS, Manuel Antonio]http://sondepoetas.blogspot.com/2009/01/ss-manuel-antonio.html
[No niño novo do vento, Álvaro Cunqueiro] http://sondepoetas.blogspot.com/2007/11/no-nio-novo-do-vento-hai-unha-pomba.html
A vangarda rompe temática e formalmente coa arte clásica. Unha das novidades técnicas que incorporan é a do caligrama. Observa a imaxe superior e intenta definir que é un caligrama.
Agora chegou o momento de inspirarte e crear o teu propio caligrama. Esta aplicación de Educalia poderá axudarte:
Se picas no seguinte enlace poderás ver os marabillosos traballos que fixeron no I.E.S. A Paralaia (Moaña, Pontevedra)
http://clients.acroflip.com/?userpath=00000003/00006646/00018072/
http://clients.acroflip.com/?userpath=00000003/00006646/00018072/
No hay comentarios:
Publicar un comentario